Santa María de Beluso é unha das tres parroquias que conforman o Concello de Bueu, as outras dúas son Santa María de Cela e San Martiño de Bueu. Dista uns tres quilómetros do propio Bueu.
Beluso atópase no extremo nororiental da Península do Morrazo, a uns 23 quilómetros da cidade de Pontevedra. A estrada C-550 que percorre o perfil da costa occidental galega, conduce ó corazón da vila de Bueu, e dende alí, a PO-320 comunica Beluso e Cangas pola costa. Se o acceso é dende Vigo, pódese facer a través da mesma C-550 ou pola autoestrada A-9, que enlaza directamente co Corredor de recente creación.